Historia do lugar Un santuario animal é un lugar onde os animais de diferentes especies poden levar a vida que lles corresponde. Un lugar libre de especismo, explotación e maltrato. Aquí inténtaselle dar aos animais a mellor vida posible. O Santuario Vacalaoura naceu no 2013, co obxectivo de acoller a todos os animais posibles, sempre e cando lles podan dar unha mellor vida. Moitos dos habitantes do santuario teñen nas súas costas historias de maltratos e explotación, que deixan atrás e non repetirán ao chegar a esta nova vida. Descripcións das instalancións No Santuario Vacaloura, ademais de ter por obxectivo velar por unha vida digna para os animais, tamén se centran en difundir o antiespecismo e o veganismo, para acardar unha sociedade máis respectuosa. Na actualidade, o santuario está situado ás aforas da localidade de Santiago de Compostela, mais están inmersos nun proxecto chamado “Un corazón para Vacaloura” que consiste na captación de axuda para poder mudar de lugar. O sitio